As Irmandades da Fala

Posted Maio 21st, 2016 by María

As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.

Videoremix realizado por Illa Bufarda para Ora Galega con motivo da celebración do centenario das Irmandades da Fala.

O 18 de maio de 1916, Antón Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy ou Ramón Villar Ponte, entre outros. Naquela xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.


Sorry. Comments are closed.




Note: This is the end of the usable page. The image(s) below are preloaded for performance only.